publicidade hoxe

O multiusos de Arcade acolle unha sesión de contacontos coa flor da camelia como protagonista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSoutomaior
A-
A+

Con motivo do XV Certame da Camelia o Concello de Soutomaior organiza este fin de semana unha sesión de contacontos infantís. A obra escollida é “As fadas das camelias” de Enrique Mauricio. A representación terá lugar no Multiusos de Arcade o sábado ás 18:00 horas.

As fadas das camelias, é a historia protagonizada por unha nena e a súa avoa. Ambas pasean por un xardín cheo de camelias no cal a avoa lle vai explicando á pequena historias fermosas asociadas a cada tipo de camelia. Así, a neta descobre que hai camelias relacionadas coa música, coa literatura, co amor… e, sobre todo, vai establecendo e apontoando unha especial relación de confianza e agarimo coa súa avoa.

Unha maneira diferente, a partir dun álbum ilustrado producido pola Editorial Galaxia, de explicarlle aos nenos que son as camelias e o fermoso universo que con elas ten que ver. Os textos son de Enrique Mauricio e as ilustracións de Carlos Taboada, dous activistas culturais que forman o colectivo Polo Correo do Vento, especializado en contacontos para os máis pequenos.

18 de marzo de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.