publicidade hoxe

O director xeral de Xustiza visitou o xulgado de paz de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O director xeral de xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o xulgado de paz de Curtis, para interesarse polo seu funcionamento e as novas dependencias deste xulgado. O director xeral destacou que o concello de Curtis habilitou recentemente unhas novas dependencias para albergar o Xulgado de paz, polo que felicitou ao Alcalde polas instalacións e mobiliario do xulgado.

Inda que os medios instrumentais son competencia municipal, o goberno galego financia os gastos ordinarios de funcionamento do Xulgado, que no caso de Curtis son 2.268 euros anuais e, tamén, no marco do Pacto Local financia a contratación laboral da secretaria do Xulgado de paz nunha liña de subvencións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que beneficia a un total de 30 concellos galegos, sendo o seu importe unitario de 8.500 euros.

Ademais, lembrou o importante investimento que se viu facendo nos últimos anos para dotar de medios informáticos aos 270 xulgados de paz galegos, en colaboración co Ministerio e a entidade estatal Red.es. Martín explicou que desde o primeiro momento a Xunta está a facer estes investimentos para mellorar as condicións dos xulgados de paz de toda Galicia e dotalos dos medios e infraestruturas que merecen; conscientes de que en moitas ocasións son o primeiro chanzo da estrutura e contribúen decisivamente a evitar o colapso nos órganos xudiciais.

Os xuíces de paz galegos resolven cada ano arredor de 1.500 xuízos e levan os asuntos de Rexistro Civil que competen a case a metade da poboación galega, polo que a labor dos 270 xulgados de paz que hai en Galicia é fundamental para o bo desenvolvemento do panorama xurídico galego, e por iso é necesario apoiar e reforzar o intenso traballo que levan a cabo e introducir melloras no servizo que prestan aos cidadáns.

O labor dos 270 xulgados de paz que hai en Galicia é fundamental para o bo desenvolvemento do panorama xurídico galego, e por iso é necesario apoiar e reforzar o intenso traballo que levan a cabo e introducir melloras no servizo que prestan aos cidadáns.

6 de marzo de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.