publicidade hoxe

O director xeral de Xustiza comproba as melloras no xulgado de Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou esta mañá o xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribadavia, onde puido comprobar de primeira man as actuacións de mellora realizadas nos últimos anos no edificio, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Xudiciais da Vicepresidencia.

O inmoble sito na Praza Maior de Ribadavia foi obxecto de obras de mantemento e substitución das portas de acceso nos anos 2012 e 2013. O ano pasado acometéronse varias obras de rehabilitación das instalacións, que inclúen a climatización da sala de vistas e da segunda planta do edificio a un repintado interior, entre outras. Todas estas pequenas actuacións supuxeron un investimento que supera os 36.000 euros.

Martín lembrou que o Plan de Infraestruturas Xudiciais non só contemplaba a construción de edificios xudiciais de nova planta ou grandes obras de rehabilitación, senón que tamén programaba unha serie de actuacións “menores” en xulgados de toda a Comunidade, que tiñan por obxecto mellorar o día a día dos traballadores e os cidadáns que acoden a eles.

Como no caso de Ribadavia, a maioría destas obras consisten en traballos de climatización, reparacións de fachadas, instalación de fiestras e ascensores e outras obras de adaptación. Na provincia de Ourense tamén se levaron a cabo actuacións parecidas nos xulgados de vilas como Trives, Carballiño, Xinzo de Limia ou Verín, por citar algúns exemplos.

Xa de cara o futuro, o titular de Xustiza da Xunta, Juan José Martín, anunciou que se ten detectado a necesidade de acometer unha obra de mellora no chan do arquivo do terceiro andar do edificio da capital do Avia. Está previsto que esta actuación se desenvolva ao longo deste mesmo ano.

17 de marzo de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.