publicidade hoxe

O Concello de Teo convoca unha bolsa de prácticas para a Mediateca do Grilo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo publica a convocatoria dunha bolsa de prácticas para a Mediateca do Grilo. Poden presentarse titulados universitarios licenciados en Historia e licenciados en Biblioteconomía e Documentación que remataran os estudos con posterioridade ó primeiro de xaneiro de 2010. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 28 de marzo.

As solicitudes pódense recoller nas oficinas do Concello ou descargar da web teo.gal así como consultar as bases completas da convocatoria. Xunto co impreso hai que entregar no Rexistro Xeral do Concello os datos académicos e fotocopia compulsada do expediente académico, fotocopia do DNI, currículum vitae e unha memoria na que se expoñan os motivos e expectativas que levan a presentarse así como os coñecementos e capacidades que alega. Neste documento tamén hai que facer unha proposta de actividades e animación para a Mediateca.

As prácticas faranse na Mediateca e a dedicación será de 30 horas semanais en horario partido. A bolsa durará un ano sendo prorrogable un ano máis e ten unha dotación bruta de 610 euros mensuais.

Subsanación solicitudes bolsas de ensino

Polas súa banda nestes días mantense o prazo aberto para subsanar documentación nas solicitudes das bolsas de ensino e transporte deste curso. A comisión avaliadora publicou unha listaxe provisional de solicitudes que deben entregar a documentación requerida ata este venres. Se non se atende este requerimento enténdese que se desiste da solicitude. A listaxe pódese consultar no Concello o una web toe.gal. Unha vez analizada esa documentación procederase á publicación da listaxe de bolsas concedidas. Dende a concellería de Educación queren deixar claro que o feito de non aparecer na listaxe de subsanación non siginifica que a bolsa estea concedida, xa que se pode rexeitar por cuestión de renda.

24 de marzo de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.