publicidade hoxe

O concello de Miño saca en concesión a cafetería situada no acceso á Praia pequena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O concello de Miño sacou a concesión, por un período de oito anos, a explotación da cafetería situada nos accesos á praia pequena, un inmoble municipal de 98,34 m2 mais a terraza que existe no seu fronte, coñecido como “El Viejo Almacen”.

A licitación, na que se terá en conta exclusivamente o canon ofertado polos licitadores, realizándose a proposta de adxudicación a favor do licitador que oferte o maior importe, establece como tipo de licitación ao alza un canon mínimo anual de 4.800 euros (impostos incluidos).

O concesionario ten o deber de pagar os gastos de suministro eléctrico, de auga, internet e os recibos de recollida de basura; ademais deberá realizar as obras de conservación descritas nun informe técnico, posto a disposición no Perfil do Contratante, coa valoración das obras necesarias para a posta en funcionamento da cafeteria, cuantificandose as mesmas na cantidade de 4.225,16 euros, que se executarán nun prazo de tres meses dende a adxudicación.

O que resulte adxudicatario da concesión comprometerase á apertura da cafeteria todo o ano, no horario que fixe a lexislación vixente para este tipo de actividades.

Os interesados poden solicitar toda a información relativa ao proceso na Casa do Concello e no Perfil do contratante (www.concellodemino.com). O prazo de presentacións de proposicións remata o 6 de abril, ás 14:00 horas.

6 de marzo de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.