publicidade hoxe

O Concello de Cedeira adxudica os traballos de pavimentación en cinco camiños de Régoa e Montoxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de adxudicar diversas intervencións de acondicionamento de camiños municipais nas parroquias de Régoa e Montoxo. O alcalde, Luis Rubido, sinalou que o Concello investirá máis de 38.000 euros no conxunto das actuacións, a financiar con fondos propios municipais.

En concreto, o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, avanzou que se levarán a cabo traballos nos lugares de Ervellás e A Casanova consistentes no acondicionamento e reparación do firme mediante regos asfálticos, así como de limpeza e perfilado de cunetas e o rebacheo puntual nas zonas máis deterioradas. Actuaráse nun tramo de 540 e 325 metros respectivamente e, a maiores, executaráse un paso salvacunetas.

Así mesmo, o edil apuntou que tamén se actuará na pista que parte da estrada DP-2204 cara o río Condomiñas (de 270 metros), así como no acceso ao cementerio de Régoa (35 metros), emprazados no lugar de Eiravedra. Como no caso anterior, melloraráse o firme dos viais. E, por último, en Purrey-Sedeás, parroquia de Montoxo, executaráse o acondicionamento e mellora do firme mediante regos asfálticos e un pequeno tramo de zahorra artificial. En total, actuaráse nun tramo de 715 metros. Por último, e no inicio do treito, colocaráse unha sinal vertical de STOP.

O prazo estimado dos traballos é de dous meses.

18 de marzo de 2015 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.