publicidade hoxe

O Concello da Cañiza fixo entrega do Petelo de Ouro 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Entrega do Petelo de Ouro

Entrega do Petelo de Ouro

O pasado venres, 6 de marzo, o Auditorio da Casa de Cultura de A Cañiza encheuse para homenaxear e entregar o Petelo de Ouro 2015 a todas as directivas que pasaron pola Asociación dende a súa Fundación no ano 1986. Case tres décadas traballando polos miudos e os mozos e mozas da parroquia de Valeixe e dos seus arredores e tamén loitando para recuperar a música tradicional galega.

O acto comezou ás 20h20 da man da actriz cañicense Diana Mera que foi a mestra de cerimorias desta nova edición do Petelo de Ouro. Da súa man os asistentes recordaron os comezos da Asociación, ala polo ano 1986 da man dun xoven párroco que levaba solo 2 anos exercendo en Valeixe. José María Vázquez Piñeiro foi o fundador desta asociación que tiña como principal obxectivo traballar por e cos mozos e nenos de Valeixe, para inculcarlles a fortaleza do traballo en común, do espíritu de grupo e da constancia para acadar un obxectivo e todo isto gozando e disfrutando e tamén facendo disfrutar aos demáis. Diana Mera continuou o percorrido polas 7 directivas que formaron parte da Asociación nestes 30 anos.

Ao finalizar deu paso á proxección dun video que recordou tamén, a andadura de Santa Cristina dende os seus orixes ata hoxe e que contaba coa participación de todos os Presidentes das Directivas que relataron as súas experiencias ao fronte da agrupación.

A continuación o Alcalde de A Cañiza, Miguel Domínguez, tomou a palabra para dar a benvida no nome do Pobo de A Cañiza a todos os asistentes e para expresar a súa gratitute a todas as persoas que fixeron posible que hoxe, 30 anos despois, poidamos seguir contando con esta Asociación. Directivas, alumnos, socios, pais e nais e veciños de Valeixe e arredores foron tamén os homenaxeados en palabras de Miguel Domínguez.

Este recoñecemento traduciuse na entrega dunha acreditación honorífica a cada un dos presidentes, extensiva aos demáis membros das 7 Xuntas Directivas e por último unha acreditación para a Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe e o Petelo de Ouro 2015.

O momento culminante do Acto veu da man do prestixioso gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño. Despois de que o Alcalde lle agradecera a súa asistencia, sendo invitado con moi poucos días de antelación, subiu ao escenario aclamado por todos os asistentes. Budiño felicitou ao Grupo polo seu traballo e comentou que se sentía identificado con eles porque os seus orixes como gaiteiro tamén se remontaban a unha asociación como Santa Cristina.

Despois de interpretar algunhas pezas do seu repertorio, animou aos compoñentes da Banda a tocar unha jota, unha muiñeira e un pasodoble con él. Ao rematar o Auditorio veuse arriba en aplausos e aclamacións pedindo unha nova peza que aceptaron con gusto tocando un vals e dando paso tamén ao grupo de baile que danzou ao seu son.

Para finalizar todos os alumnos dos grupos que forman parte da Asociación, deleitaron ao publico interpretando unas pezas do aprendido nas clases de formación. Así con guitarra, flauta, pandeireta, gaitas e danzas folclóricas e os fortes aplausos dun público entregado remataron os actos do Petelo de Ouro 2015.

9 de marzo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.