publicidade hoxe

O CIM de Soutomaior presenta unha nova edición do seu programa de animación sociocultural “Entre Nós”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

A Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior promove un ano máis o seu programa de animación sociocultural “Entre Nós”. Un proxecto concibido para para fomentar e potenciar os movementos de participación e cooperación social, e especialmente, concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual. A edil de Igualdade, Cristina González, reuniuse onte coas representantes das sete asociacións culturais e veciñais con vocalía da muller do municipio para concretar os cursos e talleres a realizar este ano.

A oferta de cursos dispoñibles dentro do programa “Entre Nós” estrutúrase dentro de cinco grandes áreas: Actividades físicas e deportivas; manualidades, arte e bricolaxe; desenrolo persoas e novas tecnoloxías; música e baile; e cociña e agricultura. A temática dos talleres será seleccionada por cada asociación en función dos seus intereses, así como as datas e os horarios de realización. As actividades seleccionadasserán totalmente gratuítas e tenrán unha duración de 15 horas a desarrollar entre os meses de marzo e abril de 2015.

Con esta iniciativa o Concello de Soutomaior pretende facilitar o acceso a diferentes actividades que permitan o desenrolo individual e grupal das asociacións culturais e veciñais do municipio ademais de promover novos campos de interese e traballo creativo, ademais de impulsar, fomentar e mellorar a situación persoal das participantes.

2 de marzo de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.