publicidade hoxe

O cartel da XXXV Feira do Viño de Amandi faise co primeiro premio da mostra Xantar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSober
A-
A+

O V Concurso de carteis de Festas Gastronómicas que celebra a mostra Xantar, en Expourense, distinguiu como gañador o traballo de Andrea Rodríguez co que Sober anuncia a XXXV Feira do Viño de Amandi.

O premio foi entregado este mediodía pola conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana. Recibiu o galardón, no nome do Concello de Sober e da propia autora, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

No concurso participaron arredor de 40 carteis. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece de novo o traballo de Andrea Rodríguez e a distinción que hoxe recibe o seu cartel e que novamente “contribuirá a que a Feira do Viño de Amandi siga chegando a máis e máis xente”.

6 de marzo de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.