publicidade hoxe

O Auditorio de Cedeira acollerá unha noite de góspel con fins solidarios a cargo do grupo Aba Taano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O sexteto vocal a capella Aba Taano regresa a España cun magnífico e conmovedor espectáculo tras o éxito obtido o pasado verán na súa xira por Europa. Os seis cantantes de Góspel africano de Aba Taano xa son coñecidos en España e enchen salas, incluso en varios auditorios teñen colgado o cartel “non hai entradas”. A súa próxima cita será este venres, 6 de marzo, ás 21,30 horas no Auditorio Municipal de Cedeira. O prezo das entradas é de oito euros e pódense adquirir na taquilla o mesmo día da actuación, dende as 20,30 horas, ou reservar a entrada chamando ao teléfono 649 87 66 14.

Cantarán en Zulú, Swahili, Luganda, Runyancore… pero tamén interpretarán góspel tradicional en inglés e pop. Cantan e bailan á vez e fan que as súas actuacións se convirtan en espectáculos únicos, cheos de ritmo, alegría e beleza grazas á mezcla de cantos con coreografías preparadas por eles mesmos.

Os concertos de Aba Taano están sempre impregnados de pureza, forza e entusiasmo conectando en todo momento co público. As súas voces son excepcionais e emocionan a todo tipo de audiencia. Este verán participaron nos World Choir Games celebrados en Riga e obtiveron a medalla de ouro dentro da categoría: Música Espiritual e de Fe. Ademáis, gañaron o premio outorgado polos directores artísticos pola súa versión da canción oficial dos Xogos.

Así mesmo, axudan cos seus cantos a financiar o proxecto humanitario de Música Para Salvar Vidas, cuxa labor é axudar a nenos e nenas orfas procedentes de Uganda a labrar o seu futuro por medio da música e a danza, desenvolvendo, desta xeito, a súa confianza e talento. Son todo un exemplo do que se pode facer con concertos e actuacións para un continente que segue soportando unha tasa de altísima miseria.

2 de marzo de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.