publicidade hoxe

O alumnado do CPI Ponte Carreira participa nunhas charlas sobre educación sexual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Alumnos e alumnas do CPI Ponte Carreira participan nunha serie de charlas sobre educación sexual, organizadas en virtude do acordo de colaboración que mantén o Concello de Frades co centro escolar para colaborar nunha mellor formación do alumnado. Un acordo que permitirá a realización de diversas actividades para todas as idades ata finais de curso: xornadas de educación sexual, habilidades sociais, hixiene e alimentación.

As charlas de educación sexual están dirixidas a rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO do CPI Ponte Carreira, que analizan diversos temas como: anatomía e fisioloxía, anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual, ciclo menstrual, autocoidado e hixiene…

 

23 de marzo de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.