publicidade hoxe

Noia acollerá o 14 de marzo o Campionato Galego de Técnica e Freestyle Adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNoia
A-
A+

O sábado 14 de marzo (a partir das 09.00 horas) celebrarase en Noia o Campionato Galego de Técnica e Freestyle Adultos, coa inscrición de máis de 300 deportistas. Será un torneo cun altísimo nivel, que coa participación dos mellores taekwondistas galegos desta modalidade, xa que en xogo estarán as prazas para poder competir no Campionato de España.

O torneo comezará as nove da maña, coa disputa do Galego de Técnica nos catro tapices dispostos no Polideportivo de Noia e o que participarán 254 taekwondistas. A partir das 14:30 horas, dará comezo o III Campionato Galego de Freestyle, coa inscrición de 67 deportistas. Estase a apreciar un importante despunte nesta modalidade, que en só uns anos de vixencia, comeza a contar cun importante seguimento por parte dos deportistas.

Entre os participantes contaremos coa presenza de Gabriel Tembrás do Moo Duk Kwan (campión de España e de Europa), un dos valores emerxentes desta modalidade, na que Galicia brilla: O pasado ano proclamouse campioa de España de Freestyle por equipos. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes.

12 de marzo de 2015 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.