publicidade hoxe

Medio Ambiente licita as obras de mellora do saneamento no núcleo de Crespos en Padrenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrenda
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se licita o proxecto de mellora de saneamento do núcleo de Crespos por un importe de 112.000 euros, tal e como lle explicou a conselleira Ethel Vázquez ao alcalde de Padrenda no transcurso dunha reunión de traballo mantida a semana pasada.

A actuación levarase a cabo na denominada Travesía dos Servizos Municipais, no núcleo de Crespos. Nesta vía faise necesario realizar a recollida de augas pluviais na marxe dereita, xa que se provocan continuos arrastres e se producen atascos na rede de saneamento e depósito de residuos nas rúas. En total, actuarase en 385 metros da travesía.

A solución ideada no proxecto de Augas de Galicia inclúe a colocación de dous treitos de colectores (165 + 220 metros) dun diámetro de 315 mm con sumidoiros cada 25 metros.

Para conter as terras, evitar noiros excesivos e adaptalas ás aliñacións oficiais definidas, construiranse uns muros de contención de terras rematados no bordo cunha varanda metálica.

As obras, que contarán cun prazo de execución de catro meses, inclúen tamén o estendido dun novo firme entre o bordo de formigón e a calzada existente.

17 de marzo de 2015 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.