publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lisbeth Sánchez gaña o certame de debuxo infantil da Feira do Viño de Amandi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A soberina Lisbeth Sánchez Díaz é a gañadora do I Certame de Debuxo Infantil da XXXV Feira do Viño de Amandi cun traballo sobre “O cultivo da vide na Ribeira Sacra”. O Concello de Sober empregará a imaxe para imprimir 10.000 adhesivos que entregará a fin de semana da Feira.

A gañadora ten 11 anos, é de Soutonovo, Anllo Santo Estevo, e estuda no CEIP Virxe do Carme de Sober.

En total participaron no certame máis de 30 nenos e nenas do CEIP Virxe do Carme de Sober e 8 nenos e nenas do CEIP Monte Valiño de Pantón. O Concurso estaba aberto para todos os centros educativos da Comarca de Lemos.

O xurado estivo formado por Sol Ocampo Álvarez e Doa Ocampo Álvarez, ambos os dous irmáns artistas e expertos en artes plásticas e debuxo. A gañadora recibirá o seu premio o domingo despois da lectura do pregón da Feira do Viño de Amandi.

Todos os traballos estarán expostos durante a XXXV Feira do Viño de Amandi e ata o 15 de abril na Casa da Cultura de Sober.

6 de marzo de 2015 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.