publicidade hoxe

Juan Moreno Badía presenta en Brión a exposición “Vistas ao campo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O artista plástico Juan Moreno Badía presentará mañá venres en Brión a exposición “Vistas ó campo”, una escolma de imaxes inspiradas en boa parte na paisaxe brionesa e que poderá visitarse na sala municipal de exposicións de Brión ata o vindeiro 10 de abril. Unha mostra que será inaugurada polo propio autor e polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, nun acto aberto á veciñanza que terá lugar mañá venres 13 de marzo, ás 20:30 horas, na sala de exposicións municipal.

Moreno Badía é unha persoa moi vencellada a Brión, onde exerceu durante 15 anos o seu oficio de arquitecto técnico no Departamento de Urbanismo do Concello de Brión. Mais a vinculación de Juan Moreno coa arte vén incluso de máis atrás, pois leva participando ou organizado exposicións dende 1968. De feito, as súas anteriores exposicións en Brión foron das máis concorridas, chegando incluso a superar os 150 asistentes na inauguración da mostra “O peite de Ena” en abril de 2008.

En “Vistas ó campo” presenta obras elaboradas no estudo sobre imaxes que recolleu en diferentes lugares, en boa parte de Brión. Paisaxes interpretadas dende un punto de vista moi persoal, pero dotadas dunha propiedade común que as fai próximas a quen as observa. Porque como el mesmo nos comenta: “a súa interpretación é persoal, a súa propiedade común, pertence a esa contorna sobre a que a nosa diferente visión coincide”.

Nado na Coruña en 1945, dende 1968 dedícase á pintura artística con exposicións individuais en distintas cidades galegas, Madrid, Nueva York, Oslo ou París. Como aparellador, ten levado a cabo proxectos como a restauración da Capela de San Isidro en Madrid (Premio Europa Nostra 1991 e Concello de Madrid 1990), restauración do Pazo Provincial de Feiras, Exposicións Comerciais e Convencións de Jerez da Frontera, Cádiz (Premio nacional de obra de fábrica de ladrillo 1988-1991), a restauración das Murallas de Melilla ou da Fundación Torrente Ballester de Santiago, entre outras.

12 de marzo de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.