publicidade hoxe

Inícianse as obras na residencia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo está acometendo obras de mellora na residencia da Asociación de Axuda ao Enfermo Menta “A Mariña”. Uns traballos que inclúen a dotación de iluminación na zona exterior do centro. Ademais, estase ampliando a rede de abastecemento de auga para que poidan dispoñer de máis caudal para atender as súas necesidades de funcionamento.

O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Obras e Servizos Sociais, Pilar Armada, a presidenta da asociación, Iris Castro, e técnicos municipais comprobaron hoxe o avance destas obras “encamiñadas a colaborar coa asociación na mellora dos servizos que presta”, asegura Armada.

Unha actuación que leva a cabo o Concello con recursos e persoal municipal seguindo con esa liña “de colaboración constante coas asociacións, e neste caso cunha entidade que fai unha importante labor social”, engade a edil.

O Concello ten colaborado coa asociación en anteriores ocasións, como foi o caso dos traballos para dotar á unidade residencial de saneamento ou, máis recentemente, co acondicionamento dun camiño peonil entre a residencia e o núcleo de Cervo co apoio da Xunta de Galicia, administración que tamén está comprometida coa asociación e que mantén un gran número de prazas concertadas.

O apoio do Concello a esta entidade tamén se fai a través de subvencións de cara a colaborar no seu mantemento e na promoción de actividades, como foi o caso do cheque de 9.000 entregado a semana pasada. Unha axuda económica que se vén concedendo nos últimos anos. “E por suposto imos seguir colaborando con esta asociación e con todas as do municipio para seguir mellorando o noso concello traballando polo benestar”, remata Armada.

26 de marzo de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.