publicidade hoxe

Industria destinou 1 millón de euros á mellora da competitividade dos parques empresariais galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelide
A-
A+
Ángel Bernardo Tahoces en Melide

Ángel Bernardo Tahoces en Melide

A nova orde de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos destinará este ano 1 millón de euros co obxectivo de impulsar a competitividade industrial dos concellos da Comunidade. Deste xeito, tal e como avanzou hoxe o director xeral de Enerxía e Minas, Angel Bernardo Tahoces, durante unha visita ao polígono industrial da Madanela, en Melide, o Goberno galego reitera a súa aposta polos concellos como administración máis próxima aos cidadáns, impulsando unha liña que permitirá mellorar a súa actividade industrial, xerando postos de traballo e mellorando a competividade do tecido empresarial galego.

A nova convocatoria, explicou Bernardo Tahoces, publicarase mañá no DOG abríndose o xoves o prazo de presentación de solicitudes. O programa permitirá, un ano máis, impulsar actuacións en eidos diversos como o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, as vías de acceso ou a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.

Deste xeito, resaltou o director xeral, dáse continuidade ao traballo feito ata o de agora, que ten permitido apoiar actuacións como as levadas a cabo no propio parque empresarial melidense, no que se teñen mobilizado preto de 250.000 euros nos últimos 5 anos, mellorando a súa seguridade contra incendios ou a rede de saneamento.

O programa prevé apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Unha cantidade que se incrementará ata o 95% e os 180.000 euros no caso de agrupacións de concellos. Desta forma, como sinalou Bernardo Tahoces, colabórase coas administracións locais, primando unha xestión compartida que posibilita unha redución de gastos nas arcas municipais, facilitando a xeración de postos de traballo e o incremento da competitividade do tecido empresarial.

Así mesmo, e para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permitirase o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas.

Trala finalización dos traballos, sinalou Bernardo Tahoces, teranse impulsado 240 proxectos nos parques empresariais galegos desde o 2009, contribuíndo á mellora das infraestruturas de apoio ao tecido empresarial da Comunidade co obxectivo de atraer investimentos para os concellos galegos.

24 de marzo de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.