publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan aos presuntos autores de dous incendios forestais en Dozón e Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónLocal PortadaPontevedraPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Policia Autonómica imputou aos presuntos autores de dous incendios forestais en Dozón e Pontevedra, ocorridos este pasado sábado. A Policia Autonómica da Xefatura Provincial de Santiago en colaboración con persoal da Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural e do Mar, procederon á imputación dun veciño de Vigo coma presunto autor dun incendio forestal ocorrido no lugar de San Martiño, Parroquia de Bidueiros, Concello de Dozón o pasado día 7, e que afectou a 10.000 metros cadrados de monte raso.

O lume foi motivado polo escape dunha queima de restos forestais, sen cumprir as medidas preventivas básicas de seguridade. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrucción de Garda de Lalín.

Por outra banda, policías da Xefatura Provincial de Pontevedra procederon á imputación dun veciño coma presunto autor dun incendio forestal imprudente, motivado polo escape dunha queima de restos agrícolas, sen cumprir as medidas preventivas básicas de seguridade.

O incendio acaeceu o pasado día 7 no lugar de A Igrexa, Parroquia de Santa María de Xeve, Concello de Pontevedra, e afectou a unha superficie de 12.000 metros cadrados de superficie arborada. Para a investigación do lume contouse coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (B.I.I.F.) da Consellería do Medio Rural e do Mar, da Xunta de Galicia.

En ambos incendios foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia para a súa extinción. Por estes feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en Funcións de Garda de Pontevedra.

12 de marzo de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.