publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan a dúas persoas coma presuntas autoras de incendios forestais na Pobra do Caramiñal e Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalQuirogaSucesos
A-
A+

A Policia Autonómica informa da imputación de dúas persoas coma presuntas autoras de incendios forestais, nos concellos de Pobra do Caramiñal (A Coruña), e Quiroga (Lugo).

Axentes da Policía Autonómica de Santiago en colaboración con axentes forestais do Distrito IV-Noia, informaron da imputación dun veciño de Pobra do Caramiñal (A Coruña), como presunto autor dun incendio forestal ocorrido na parroquia de Santo Isidoro, no mesmo concello, o pasado día 21 de marzo.

O lume foi motivado polo escape dunha queima de restos forestais, sen cumprir as medidas preventivas básicas de seguridade, afectando a unha superficie duns 1.200 metros cadrados de superficie rasa, impedindo os servizos de extinción da Xunta de Galicia, coa súa intervención, que ardera máis superficie. Todos estes feitos foron postos en coñecemento da Autoridade Xudicial, remitido ao Xulgado de Instrucción de Garda de Ribeira.

Por outra banda, membros da Policía Autonómica de Lugo, procedeuse á imputación dun veciño de Quiroga, na provincia de Lugo, como presunto autor dun delito de incendio forestal, ocorrido o pasado día 15 na parroquia de Santa María de Hermida, do Concello de Quiroga (Lugo), afectando a unha extensión de 2.000 metros cadrados de monte de superficie arborada.

O incendio produciuse como consecuencia dunha queima realizada de forma neglixente ao non adoptar as medidas preventivas que se establecen para a prevención dos incendios forestais. Destácase a colaboración dos axentes da Brigada do distrito forestal Terra de Lemos, tanto na extinción como das labores de investigación para o esclarecemento dos feitos.

No que vai de ano, a Policia Autonómica leva imputadas a 9 persoas coma presuntas autoras de delitos de incendios forestais.

26 de marzo de 2015 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.