publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputados dous homes como presuntos autores de incendios forestais en Frades e Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesPortada esquerdaSucesosVila de Cruces
A-
A+
Europa Press

Dous homes foron imputados esta semana como presuntos autores de senllos incendios forestais ocorridos no municipio de Frades (A Coruña) e no de Vila de Cruces (Pontevedra), segundo informou este domingo a Xunta.

   En concreto, o primeiro dos incendios orixinouse por unha neglixencia na realización de traballos agrícolas na parroquia de Aiazo, en Frades, o pasado día 10 de marzo e afectou a unha superficie de 8.100 metros cadrados de superficie arboredo.

   Nesta actuación, os axentes da Policía Autonómica contaron coa colaboración do persoal do Distrito III – Santiago – Meseta Interior. As dilixencias foron trasladas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ordes.

LUME EN VILA DE CRUCES

   Por outra banda, os axentes tamén informaron da imputación dun veciño de Vila de Cruces, en colaboración con persoal da Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

   O lume que se lle imputa tivo lugar na parroquia de Toiriz, do municipio de Vila de Cruces, o pasado 15 de marzo e afectou a unha superficie de 6.300 metros cadrados de monte raso.

   O detonante foi o escape dunha queima de restos forestais que o imputado fixo sen comunicación e sen cumprir as medidas perceptivas. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Lalín.

   Segundo informou a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no que vai de ano xa son sete as persoas imputadas por delitos relacionados con incendios forestais.

22 de marzo de 2015 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.