publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputado por provocar un incendio ao escapárselle unha queima de restos agrícolas en Negreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNegreiraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía do grupo de investigación da Xefatura Territorial de Santiago imputaron o presunto autor dun incendio forestal en Negreira (A Coruña), en colaboración con persoal da Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural e do Mar.

O lume tivo lugar o pasado día 7 no lugar de Rioseco, parroquia de San Vicente de Aro, concello de Negreira, e afectou a unha superficie de 7.500 metros cadrados de monte arboredo e 200 metros de raso.

O lume foi motivado polo escape dunha queima de restos agrícolas incumprindo as medidas de seguridade establecidas. As dilixencias foron trasladadas ao Xulgado de Instrución de garda de Negreira.

Segundo as cifras da Xunta, no que vai de ano, xa foron catro as persoas imputadas por delitos de incendios forestais.

13 de marzo de 2015 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.