publicidade hoxe

Frades organiza unha excursión a Portugal o 18 e 19 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades abre hoxe o prazo de inscrición nunha excursión a Portugal, que terá lugar na fin de semana do 18 e 19 de abril. Unha viaxe que levará a 55 veciños e veciñas do municipio ata Fátima, sempre que se inscriban no Concello ou a través do teléfono 981 695 567 antes do 6 de abril.

O prezo da viaxe será de 80 euros para os veciños e veciñas empadroados en Frades que, no caso de haber máis demanda ca prazas, terán preferencia sobre os non empadroados, que terán que aboar 110 euros. Unha cota de inscrición que dá dereito a unha viaxe de dous días, en réxime de pensión completa e con visitas ás vilas de Oporto, Batalha, Alcobaça e Fátima, onde se achegarán a coñecer o seu santuario.

11 de marzo de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.