publicidade hoxe

Ferido un motorista nunha colisión múltiple en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

Un home resultou ferido nunha colisión entre dúas motocicletas e un turismo ocorrida na confluencia das rúas Vila de Valencia e Avenida de Portugal, na cidade de Ourense.

   Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 22,30 horas da noite do sábado e, a consecuencia do impacto, un dos motoristas saíu despedido e caeu sobre o vehículo.

   Ademais dos servizos de Urxencias Médicas 061, ao lugar acudiu a Policía Local, así como efectivos de Protección Civil da cidade.

29 de marzo de 2015 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.