publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido un incendio forestal que queimou unhas 39 hectáreas na Gudiña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia homónima. Este lume iniciouse ás 19:41 horas de onte mércores e quedou extinguido ás 06:43 horas desta madrugada.

Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada por este incendio sitúase nas 39 hectáreas, todas elas de monte raso. Na extinción deste lume traballaron 3 axentes forestais, 7 brigadas e 6 motobombas. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

26 de marzo de 2015 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.