publicidade hoxe

Ethel Vázquez supervisa o comezo das obras de mellora da travesía Ameixenda en Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCeeLocal Portada
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou hoxe o comezo das obras de mellora na estrada AC-197, concretamente, na Travesía de Meixenda, no Concello de Cee, na que o Goberno galego investira 125.000 euros. 

Ethel Vázquez e a alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, acompañadas da delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asinaron hoxe un convenio para a cesión da titularidade desta vía ao municipio unha vez que rematen as obras de mellora da seguridade viaria.

Na súa intervención, Vázquez explicou que as obras que hoxe comezaron consisten, tanto na mellora do firme, como de adecuación das marxes e permitirán deixar a estrada  en óptimas condicións de seguridade para veciños e condutores.

Para a conselleira de Medio Ambiente é clara a importancia que ten para esta vila a Travesía de Ameixenda, polo que “desde o Goberno galego quixemos acelerar ao máximo a realización destas melloras”.

Ethel Vázquez quixo insistir no compromiso da Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, por proporcionarlle aos veciños unha infraestrutura máis cómoda e segura, que contribúa ao seu benestar.

Sinalar que esta estrada responde ao antigo trazado da AC-550 e conta cunha lonxitude de 1,7 quilómetros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas, incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais, así como de elementos funcionais e espazos da zona de dominio público adxacente, como é o caso destas parcelas.

A regulación deste procedemento recóllese na lei 8/2013, de estradas de Galicia, que desde a súa aprobación no ano 2013 permitiu sistematizar e axilizar este tipo de procedementos.

 

9 de marzo de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.