publicidade hoxe

Escolares do colexio Nicolás del Río prantan novas árbores no entorno da ermita de San Antonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+
Escolares participantes na prantación

Escolares participantes na prantación

Tal como ocorrera hai catro décadas, escolares do colexio público Nicolás del Río protagonizaron esta mañá a prantación de novas árbores no entorno do patio exterior do centro. Un acto organizado polo CEIP e o Concello para conmemorar o Día do Árbol. Cumpríase así o compromiso adquirido polo alcalde, Luis Rubido, tras a retirada das árbores, secas e afectadas pola procesionaria, que formaban parte da paisaxe ata hai uns meses. Daquela, o rexidor avanzaba a presente prantación, a instancias da Demarcación de Costas, que solicitara tamén a medida.

Esta mañá máis de douscentos estudantes de Educación Infantil e máis 1º e 2º de Primaria, axudados de dous xardineiros, prantaban unha vintena de exemplares de tamarix gallica canariensis duns tres metros de altura máis a copa. Unha especie moi apropiada para zonas dunares, xa que contribúen á súa consolidación. Dan abrigo, non chegan a un gran porte e adáptanse perfectamente a zonas marítimas.

Non foi a única prantación do día. No entorno da ermita de San Antonio, os escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do centro, en colaboración coa ANPA Picapeixe, levaron a cabo a prantación doutros sesenta árbores (dez carballos, dez bidueiros, dez acivros, dez abeleiras e 20 ameneiros).

13 de marzo de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.