publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Entrega de diplomas aos 20 desempregados que participaron no obradoiro de emprego “Conso-Frieiras II”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GudiñaOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na Gudiña

Rogelio Martínez na Gudiña

O obradoiro de emprego “Conso-Frieiras II” ofreceu formación e un posto de traballo a un total de 20 persoas desempregadas achegados dos tres concellos que compartiron esta iniciativa: Riós, Vilariño de Conso e A Gudiña. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se beneficiaron outras 6 persoas da zona que formaron parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. A Consellería de Traballo e Benestar financiou esta iniciativa cunha achega de preto de 178.000 euros.

Así o destacou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, durante o acto de clausura e entrega de diplomas aos alumnos que participaron neste curso no que recibiron formación especializada, que levaron á práctica executando diversas actuación nos ámbitos de axuda no fogar e xardinería. Martínez amosouse esperanzado que deu a preparación e habilidades adquiridas nesta iniciativa contribúan a “incrementar moi significativamente a empregabilidade dos alumnos”.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, e polos alcaldes dos concellos que compartiron este obradoiro.

Ademais da atención sociosanitaria a persoas no domicilio, os alumnos desta iniciativa desenvolveron labores de mantemento e conservación dos xardíns municipais do municipio da Gudiña, Riós e Vilariño de Conso.

Dende o mes de agosto desenvolvéronse na provincia de Ourense 13 obradoiros de emprego .O departamento autonómico que dirixe Beatriz Mato destinou a estes programas preto de 2,3 millóns de euros. “Este esforzo enmárcase na aposta do Goberno galego por mellorar a calidade de vida e benestar das persoas sen emprego e para incrementar as súas oportunidades de acceder a un posto laboral”, apuntou Rogelio Martínez.

19 de marzo de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.