publicidade hoxe

Enrique Cerezo será o pregoeiro da Feira do Viño de Amandi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recibiu esta mañá a confirmación oficial por parte de Enrique Cerezo, quen aceptou o convite para ser o pregoeiro da XXXV Feira do Viño de Amandi. Amais de presidente do Atlético de Madrid é un destacado produtor de cine.

Tras o convite do Concello de Sober, Enrique Cerezo trasladoulle ao alcalde o seu interese por participar na XXXV Feira do Viño de Amandi, que este ano se celebrará o 28 e 29 de marzo. En concreto, Cerezo lerá o pregón o domingo día 29 ás 13:00 horas.

O rexedor destaca a presenza en Sober de persoeiros de gran relevancia como foron, por exemplo, David Cal ou Carlos Núñez, os dous últimos pregoeiros, aos que este ano se suma o recoñecido Enrique Cerezo. “É un personaxe destacado e coñecido e o noso obxectivo é que os pregoeiros que veñan a Sober poidan difundir todos os nosos tesouros e cremos que Cerezo pode levar o noso nome e o do noso viño polo mundo enteiro”, conclúe.

Sobre Cerezo

Enrique Cerezo Torres (n. Madrid; 27 de febreiro de 1948) é o actual e 29º presidente do Atlético de Madrid desde o 28 de maio de 2003. É ademais produtor cinematográfico e propietario da canle autonómica de Madrid 8madrid. Baixo o seu mandato como presidente do club rojiblanco, o Atlético de Madrid conseguiu 2 Liga Europa (2010, 2012), 2 Supercopa de Europa: (2010, 2012), unha Copa Intertoto (2007); a Copa do Rei en 2013, e foi proclamado campión da Liga BBVA en 2014.

Como produtor de cine é o dono de Enrique Cerezo Producciones Cinematográficas e, aínda que anteriormente xa producira algunha película, empeza a desenvolver a súa carreira neste ámbito nos anos 90. Desde 1998 é presidente de EGEDA, una entidade que agrupa aos produtores cinematográficos de España y varios países de América. En novembro de 2010 foi premiado no festival de cine de Huelva co galardón Ciudad de Huelva ao mellor produtor cinematográfico do ano 2009/2010. Entre os títulos cinematográficos producidos por Cerezo atópanse Las brujas de Zugarramurdi, Drácula 3D, El Oro de Moscú, ou Juana La Loca.

2 de marzo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.