publicidade hoxe

Ecovidrio e Recikla2 inician un proxecto pioneiro de recollida de vidro en feiras do viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober aceptou a proposta de Ecovidrio e Recikla2 Lugo para a posta en marcha durante a XXXV Feira do Viño de Amandi dun proxecto pioneiro de recollida de vidro. En concreto, a iniciativa pretende informar e concienciar á poboación de forma lúdica e técnica sobre a importancia de reciclar correctamente con especial atención aos residuos de envases de vidro, neste caso ás botellas que se consuman e ás copas que se empreguen.

O proxecto, que leva por nome De festa con Mr. Iglú, permitiralles aos organizadores incidir en que as copas e vasos de cristal non se depositan no iglú verde. Para proporcionar toda esta información ao público instalarase unha carpa informativa e tamén se achegará ata a feira a mascota inchable Mr. Igú coa que os nenos e nenas poderán tomar fotografías. Todas as accións están encamiñadas á correcta ubicación de residuos reciclables nos contedores correspondentes.

Ecovidrio e Recikla2 obsequiarán aos participantes cun tapón de viño estanco e un sacacorchos transparente.

Ademais de informar, a campaña ten como misión recoller envases de vidro nos postos e adegas participantes na XXXV Feira do Viño de Amandi. Desta tarefa ocuparanse a Ecopatrulla de recollida de envases de vidro. Levarán a cabo esta acción tanto na feira como nas adegas que o demanden.

Sober é a primeira localidade en poñer en marcha este proxecto, que terá continuidade noutras feiras do viño en Quiroga, Pantón, Cambados, Salvaterra ou O Barco, entre outras.

23 de marzo de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.