publicidade hoxe

Economía e Industria destaca a importancia do parque das Pedreiras na mellora competitiva do tecido empresarial da Rúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaLocal Portada
A-
A+

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe as instalacións do parque empresarial da Rúa, onde subliñou a importancia destas infraestruturas no desenvolvemento económico e social dos concellos galegos. Neste sentido, Bernardo Tahoces resaltou o papel que xoga este polígono municipal no “impulso da actividade económica” da localidade e da competitividade das súas empresas”.

Durante a visita, na que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Avelino García Ferradal, o director xeral resaltou a mellora das infraestruturas que está a levar a cabo o concello no parque empresarial, desenvolvendo actuacións que lle permiten ofrecer un mellor servizo ás empresas alí instaladas.

A Consellería ten aberta unha nova orde apoios para colaborar cos municipios galegos na mellora competitiva dos polígonos industriais, dada a súa importancia no desenvolvemento económico das vilas de cara a impulsar o crecemento e á xeración de emprego.

O programa prevé apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Unha cantidade que se incrementará ata o 95% e os 180.000 euros no caso de agrupacións de concellos. Desta forma prímase unha xestión compartida que posibilita unha redución de gastos nas arcas municipais

Esta aposta pola cooperación municipal, explicou o director xeral, facilita a implantación de proxectos empresarias que contribúen á fixación de tecido empresarial na comarca co obxectivo de mellorar a competitividade da industria.

31 de marzo de 2015 | 15:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.