publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas resultan feridas nunha saída de vía en Trazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosTrazo
A-
A+

Dúas persoas resultaron feridas na madrugada deste domingo ao saír da vía o vehículo no que viaxaban no lugar de Chaián, no municipio coruñés de Trazo. Ambas foron trasladadas polos servizos de Urxencias Médicas ao complexo hospitalario de referencia.

   Segundo informou o CAE 112 Galicia, un dos feridos tivo que ser rescatado polos servizos de emerxencia xa que tiña dificultades para saír do vehículo. O outro ocupante puido saír polos seus propios medios.

   En concreto, o suceso tivo lugar ás 8,00 horas e ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Ordes, que descartaron empregar o equipo de excarceración cando comprobaron que o ocupante estaba accesible.

29 de marzo de 2015 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.