publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Doce concellos galegos acollerán a segunda actividade de divulgación astronómica TodoCosmos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesGaliciaLalínLocal PortadaNoiaOrdesOrosoPadrónPortada dereitaRianxoRibadeoSantiago de CompostelaSanxenxoTeoVedra
A-
A+
Europa Press

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, en colaboración con 12 concellos galegos e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), a segunda edición de TodoCosmos, unha actividade de divulgación astronómica que se desenvolverá durante todo o ano en Galicia.

Aos concellos que participaron na edición de 2014 -Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo-, xunto coa empresa Óptica Val, hai que sumar nesta segunda edición aos de Noia, Ordes, Oroso, Padrón e Vedra. Tamén se atenderán peticións puntuais doutros concellos e entidades interesadas.

En todo eles haberá unha programación continua, condicionada polas condicións climatolóxicas, con sesións de observacións, visitas, charlas e seminarios para todos os públicos e lugares.

Así mesmo, a través deste programa, reeditouse a obra de Ramón María Aller ‘Astronomía a simple vista’ e outro material didáctico, como a versión en inglés do vídeo ‘Ramón María Aller, astrónomo’.

ACTIVIDADES

As actividades máis inmediatas, aproveitando as actuais condicións meteorolóxicas, son sesións de observación nocturna este xoves, ás 20,30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago.

Este venres, día 6, a observación levarase a cabo en Lalín, ás 20,30 horas; mentres que o sábado, día 7, terá lugar no Paseo Fluvial de Bertamiráns, ás 20,00 horas.

Os encargados de poñer en marcha este programa, coordinado polo director do Observatorio da USC, José Ángel Docobo, serán Pedro Pablo Campo, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo.

5 de marzo de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.