publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detidos dous xóvenes de Pontecesures con 50 landras de hachix no motor dun vehículo

Hachix requisado

Hachix requisado

A Garda Civil detivo a M.D.L., de 30 anos de idade e a A.L.V., de 31, ambos os dous veciños de Pontecesures, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas. Os feitos sucederon no día de onte nun dispositivo operativo de prevención na vía pública, realizado polo Grupo Rural de Seguridade (GRS) da Garda Civil de Pontevedra, na AG-42, punto quilométrico 7’500, dirección Vilagarcía de Arousa e termo municipal de Vilanova de Arousa.

Ao interceptar un turismo, marca SEAT, modelo LEON, procedeuse ao seu rexistro polo Servizo Cinolóxico da Garda Civil, sendo localizada polo can detector de substancias estupefacientes unha bolsa de plástico con 50 “landras” de hachix e que botaron un peso de máis de 500 gramos. A droga estaba oculta no compartimento do motor, máis concretamente no oco do pase da roda dianteira esquerda.

Por todo iso procédese á detención do condutor do vehículo e o seu acompañante que foron conducidos ás dependencias oficiais do Posto Principal de Cambados onde o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil desta localidade se fixo cargo da instrución das correspondentes dilixencias.

Os detidos, que carecen de antecedentes policiais, xunto coa droga incautada, serán entregados no Xulgado de Instrución número DOUS de Vilagarcía de Arousa.

18 de marzo de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.