publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Despedida na Agasp dos alumnos da novena promoción da Policía local de Galicia

Novena promoción da Policía Local

Novena promoción da Policía Local

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, despediu esta semana na Academia Galega de Seguridade Pública aos alumnos correspondentes á novena promoción da Policía Local de Galicia, que finalizan a súa formación despois de seis meses na Academia estradense.

Son trece alumnos procedentes dos concellos de Narón (3), Porriño (3), Carballo (2), Fene, Pobra do Caramiñal, Vilaboa, Baiona e Santa Comba; que agora volven aos seus concello para rematar as prácticas e tomar posesión como funcionarios de carreira a finais de maio.

En total o curso ten 1.400 horas lectivas: as 900 que xa fixeron ao longo destes seis meses na Agasp e outras 500 prácticas, que farán nos seus respectivos concellos de orixe ao longo dos vindeiros tres meses. Tiveron 20 materias e 28 profesores, procedentes tanto da Policía Local como da Nacional, a Garda Civil ou o mundo da xudicatura, entre outros.

Durante os período de prácticas os alumnos seguirán tutelados pola Academia, que fará as visitas periódicas necesarias e estará en permanente contacto con todos eles, como cos mandos dos que dependen.

O director xeral agradeceu a súa dedicación durante este medio ano na Academia e esperou que a formación case personalizada que tiveron fose moi proveitosa para o desempeño do labor “tan importante” que comezarán a facer nos seus respectivos concellos. Luis Menor estivo acompañado polos xefes de Policía Local dos concellos de procedencia dos alumnos.

20 de marzo de 2015 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.