publicidade hoxe

Cotobade abonou a Paga Extraordinaria retida no 2012 aos traballadores do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

 O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, informa que o Goberno Local xa abonou as cantidades retidas da paga extraordinaria de decembro de 2012 ó persoal laboral e funcionarial do Concello de Cotobade.

O compromiso do Alcalde, xa manifestado ante a Mesa de Negociación cos representantes sindicais, tras promover por primeira vez en Cotobade a sindicación do persoal, era de elevar un acordo plenario que manifestase a vontade de reservar a partida necesaria e non dispoñerse para outra cousa para poder aboar a retención dos 44 días que lle correspondía a cada traballador.

Tras permitir o Ministerio de Facenda a través da La Ley 36/2014, de Presupuestos Generales del Estado para 2015, en el apartado uno de su Disposición Adicional Décima Segunda, “Recuperación de la paga extraordinaria y adicional del mes de diciembre de 2012 del personal del sector público”, configura como una opción de cada Administración, incluidas las Corporaciones Locales y Organismos de ellas dependientes., acordar o no el abono de la misma, si bien, en el caso de que se optara por su abono, ello está condicionado al cumplimiento de los criterios y procedimientos establecidos en la Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera, correspondiendo a cada Administración apreciar la concurrencia de dichos criterios de estabilidad financiera, y en su caso articular el cumplimiento de esta medida con los compromisos que procedan respecto a su equilibrio presupuestario”, e unha vez que o Concello de Cotobade pechou as súas contas de 2014 cumprindo os parámetros presupostarios con superávit e remanente positivo, sen conter ningún tipo de débeda,

“PÓDESE AFIRMAR QUE COTOBADE PUIDO ABOAR A PAGA EXTRAORDINARIA POR CUMPRIR EN SUPERAVIT E REGLA DE GASTO”.

“A xestión seria, rigurosa e responsable do Goberno Local nestes 3 anos, acabando coa situación de déficit posibilita que poidamos mirar ós ollos dos traballadores e devolverlle de forma rápida os seus cartos”, manifesta Cubela.

“Hai que valorar o grande esforzo que levan feito os traballadores deste páis que contribuiron a que xa esteamos falando dunha recuperación macroeconómica que está permitindo a España ser a economía que máis meda da zona euro”.

10 de marzo de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.