publicidade hoxe

Continúa en estado grave o home ferido no accidente de Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVila de Cruces
A-
A+
Europa Press

O home de 32 anos ferido no accidente de Vila de Cruces, acontecido este sábado neste municipio pontevedrés, continúa en estado grave na Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), segundo informaron fontes do hospital.

J.T.C. foi trasladado este sábado ao hospital xunto a outros dous ocupantes do vehículo, ambos os dous falecidos. O accidente produciuse despois de que o automóbil destes tres ocupantes tivese unha colisión frontal con outro turismo no Concello de Vila de Cruces, no lugar de Castro de Cumeiro.

Nel viaxaban unha moza, que faleceu ao instante; o mozo que morreu este domingo e un terceiro ocupante, J.T.C, que permanece ingresado na unidade de queimados con queimaduras de grave consideración.

Pola súa banda, no outro vehículo implicado na colisión viaxaban dúas persoas, un home e un menor, que resultaron ilesos, segundo apuntaron axentes da Garda Civil de Tráfico.

A Benemérita imputou ao condutor dun terceiro vehículo un delito contra a seguridade vial, xa que cre que este coche e o sinistrado participaban nunha competición ilegal.

23 de marzo de 2015 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.