publicidade hoxe

Conclúe as obras en camiños municipais das parroquias de Régoa, Montoxo e San Román

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira informou esta mañá da conclusión dos traballos de acondicionamento e mellora de camiños municipais nas parroquias de Régoa, Montoxo e San Román. Máis concretamente, nun tramo de 2,1 kilómetros na estrada das Barrosas; 1.081 metros na estrada que une Cheda de Abaixo coa Calzada, e un treito de 160 metros no vial a A Trabe. O alcalde, Luis Rubido, lembrou que, no seu conxunto, as intervencións sumaron un investimento de 55.982,16 euros, que financiou o Concello con fondos propios municipais.

Nesta liña, o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, explicou que as tarefas contemplaron a limpeza das cunetas, o rebacheo dos camiños e a pavimentación con zahorra artificial, regos asfálticos ou mezcla bituminosa en quente, segundo o tramo. Enmarcou esta actuación na intención do goberno municipal de mellorar o estado de pistas e camiños de titularidade municipal, especialmente na zona rural, co fin de mellorar a seguridade de conductores e peatóns.

25 de marzo de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.