publicidade hoxe

COGAMI comeza un curso de controlador de accesos en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O centro de recursos que a asociación Vontade ten en Tomiño (Barrio A Rocha, 19 B) acolle un curso de formación profesional de Auxiliar de servizos e controlador de accesos que está dirixido a persoas con discapacidade en situación de desemprego e que están apuntadas na bolsa de busca de emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Un total de 12 alumnos, 11 homes e 1 muller, procedentes dos concellos de Salceda de Caselas, Gondomar, Nigrán, Vigo, A Garda, O Rosal e Tomiño asisten de luns a venres en horario de 9 a 13.30 horas. O curso conta cunha duración total de 243 horas lectivas, co que finalizará a finais do mes de maio, que se distribúen desta maneira: 161 horas son teóricas e presenciais, 67 son prácticas en empresas da zona e 15 horas van ser dedicadas á avaliación.

É o cuarto ano consecutivo que COGAMI imparte este curso en Tomiño, alcanzando en anteriores ocasións o 82% de persoas inseridas laboralmente. Polo tanto, esta formación de Auxiliar de servizos e controlador de accesos é unha profesión que demandan as empresas da zona, posibilitándolle ás persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual, unha saída laboral.

6 de marzo de 2015 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.