publicidade hoxe

Cinco persoas detidas polo roubo de cableado de cobre que deixou sen liña telefónica a veciños de Toén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosToén
A-
A+
Europa Press

A Guardia Civil de Ourense detivo a cinco persoas polo roubo de cableado de cobre que deixou sen liña telefónica a veciños do municipio ourensano de Toén. Segundo informou o Instituto Armado, ás 13,00 horas do martes 17 de marzo foron arrestados J.B.B., de 39 anos e veciño de Santiago de Compostela; I.G.B., de 26 anos e veciño de Ames (A Coruña), e as cidadás romanesas B.M., de 27 anos; M.C., de 45 anos; e A.T., de 33 anos, veciñas de Ourense.

Están acusados de ser os presuntos autores dun delito de roubo con forza de cableado de cobre. Os detidos foron sorprendidos pola Guardia Civil tras ser alertada polos veciños de Moreiras, en Toén, que manifestaron quedar sen liña telefónica.

Os detidos ao presenciar a chegada dun vehículo oficial, iniciaron a fuxida cara a unha zona boscosa, onde foron localizados e arrestado.

O cableado fora cortado no antigo hospital psiquiátrico Cabaleiro Goas, en Moreiras, e no chan había 70 metros, disposto para ser levado, segundo indicaron as mesmas fontes.

Os detidos pasarán ás 10,00 horas a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense.

18 de marzo de 2015 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.