publicidade hoxe

Charla informativa sobre a situación do centro de saúde de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

O vindeiro mércores, 4 de marzo, a partires das 9 da noite, no local social situado no primeiro andar do Centro Médico de Muimenta, os diferentes colectivos veciñais da Vila, convocan aos veciñ@s a unha charla informativa aberta a cargo do doutor Don Bernardino Pardo Teijeiro.

Na mesma, este médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria, que na actualidade traballa no Centro de Saúde de Nadela (Lugo), tratará de atender as dúbidas e consultas que lle transmitirán os usuarios do Médico en Muimenta, así como dar o seu parecer sobre o camiño que están levando a cabo os veciñ@s na defensa do seu servizo sanitario.

Este profesional, estivo sempre comprometido coa defensa da sanidade pública, sendo membro activo en varias plataformas, ademáis de participar en varios debates tanto na radio como en outros medios de comunicación.

Xa na década dos oitenta, foi un dos principais colaboradores na construcción do Centro médico en Muimenta, así como Xerente de atención primaria na provincia de Lugo.

Esta nota de prensa está asinada polos seguintes colectivos:

–  Asoaciación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño”

–  Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta

–  Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta – XOTRAMU

–  Carabullo, Asociación Cultural e Xuvenil de Muimenta

–  Clube de Tenis de Muimenta

–  S.D. Muimenta

–  Sindicato Labrego Galego

2 de marzo de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.