publicidade hoxe

Cedeira saca a contratación as obras de abastecemento de auga a Laboreña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira levará a cabo as obras de abastecemento de auga ao lugar de Laboreña, na parroquia de Esteiro. O alcalde, Luis Rubido, anunciaba esta mañá que o Concello vén de iniciar o proceso de contratación da intervención, cun orzamento base de licitación de 43.158,93 euros e un prazo de execución de dous meses.

Nesta liña, o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, enmarcou a actuación no propósito do Concello de ampliar e renovar a rede de abastecemento que dá servizo aos distintos lugares e parroquias do municipio. Neste caso, e para facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Laboreña ao servizo, instalaráse 775 metros de tubería de polietileno partindo da rede de abastecemento existente que discorre pola estrada autonómica AC-566. A intervención proxectada tamén inclúe a execución das acometidas domiciliarias ás vivendas actuais do lugar de Laboreña.

13 de marzo de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.