publicidade hoxe

Cedeira saca a contratación a pavimentación da pista de acceso ao lugar de Freixido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de sacar a contratación as obras de acondicionamento da pista municipal que dá acceso ao lugar de Freixido, na parroquia de San Cosme de Piñeiro. Unha intervención cuxo orzamento supera os 40.000 euros, que cofinanciarán Concello e Deputación provincial da Coruña a través dun convenio de colaboración suscrito entre o alcalde, Luis Rubido, e o presidente da institución provincial, Diego Calvo.

A actuación contempla actuar nun vial de 780 metros de lonxitude e anchura media de tres metros. Procederáse á limpeza e perfilado das cunetas en terra, aplicación dunha capa de zahorra en todo o ancho do camiño, outra de grava e, finalmente, regos asfálticos (semiprofundo, artifical e sellado).

O concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, apuntou que o prazo estimado de execución é de seis semanas.

23 de marzo de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.