publicidade hoxe

Brión pon en marcha o programa “Teatro… e punto”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 14 de marzo a función inaugural de “Teatro… e punto”, un ciclo organizado polo Concello de Brión que ao longo dos meses de marzo, abril, maio, outubro, novembro e decembro traerá a Brión o mellor teatro afeccionado feito en Galicia.

Doce actuacións que terán lugar a razón de dúas mensuais: o segundo e o cuarto sábados de cada mes, no centro Social Polivalente de Pedrouzos (Brión) e no Teleclube de Ons., respectivamente. En todos os casos, as actuacións terán lugar ás 20.30 horas e a entrada será totalmente de balde para todos os asistentes, ata completar o aforo do polivalente ou do teleclube de Ons.

A primeira representación correrá a cargo de “Badius” (Baio), compañía que presenta a obra “Frankenstein”, unha divertida adaptación do clásico que Mel Brooks dirixida para o cine e con efectos visuais de fabricación propia que de seguro sorprenderán aos brioneses. Trátase, pois, dunha aposta polo humor dunha compañía con máis de 30 anos de experiencia sobre os escenarios galegos.

O sábado 28 de marzo, o grupo de teatro “A Pombiña” (Narón) achegarase ata o Teleclube parroquial de Ons coa función “O xardín dos pobres”. Escrita e dirixida por Betty Couce, o público de Ons poderá disfrutar dunha comedia dunha hora de duración apta para todos os públicos. A representación comezará ás 20:30 horas, con entrada de balde para todos os asistentes ata completar aforo.

13 de marzo de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.