publicidade hoxe

Benestar destina 900.000 euros ao mantemento anual de 50 prazas públicas de discapacidade en Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMondoñedo
A-
A+
Coro Piñeiro no centro asistencial en Mondoñedo

Coro Piñeiro no centro asistencial en Mondoñedo

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, acompañada da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou hoxe o centro asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo, en Lugo, que oferta un total de 50 prazas públicas para persoas con discapacidade ás que a Consellería de Traballo e Benestar destina preto de 900.000 euros ao ano.

Piñeiro percorreu as instalacións e mantivo un encontro co director, cos traballadores e cos propios usuarios do centro para coñecer de primeira man as súas demandas e, deste xeito, pulsar a súa realidade cunha perspectiva global que permita posteriores actuacións, se fose necesario. A secretaria xeral está a realizar unha rolda de visitas aos centros residenciais públicos de Galicia co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vencelladas aos mesmos, tanto no plano material, como persoal, ou de recursos humanos.

A dependencia é unha prioridade para o Goberno galego. En concreto, na provincia de Lugo, a Consellería de Traballo e Benestar oferta máis de 800 prazas para persoas con discapacidade, o que supón un 13,6% máis que en 2009.

Ademais, tal e como reflicten os orzamentos de 2015, a Xunta destinan este ano case 300 millóns de euros á atención á dependencia en Galicia, o que supón un incremento de 20 millóns de euros con respecto a este ano. Trátase, un ano máis, da partida que concentra o maior esforzo orzamentario da Consellería de Traballo e Benestar.

5 de marzo de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.