publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Audio, produción musical e o futuro do cine, temas a debate no “Ourense ICCWeek” en Vilamarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseVilamarín
A-
A+

Os novos retos do audio, a produción musical e o futuro do cine visto polos polos seus protagonistas son os temas que se debaterán mañá no marco do “Ourense ICCWeek”, o evento que reúne na provincia de Ourense en torno ao ámbito audiovisual a expertos, emprendedores, empresarios e público en xeral.

Mañá xoves, no Pazo de Vilamarín, na sesión da mañá (de 10.30 a 13.30 horas), abórdase o tema “O futuro da produción musical”. Pola tarde (de 16.30 a 19.30 horas), debaterase sobre “Os retos dixitais no mundo do cine”. Nos relatorios participarán Dany Richter, produtor e músico; Suso Ramallo, técnico de son e presidente de AES España; Manuel Colmenero, produtor musical, enxeñeiro de son; Antonio Escobar, músico e productor musical; Juan Hidalgo, enxeñeiro mastering; Juan de Dios Martín, produtor musical e técnico de son; Manuel Manquiña, actor; Daniel Guzmán, actor e director; Juanma Bajo Ulloa, director de cine; Pol Turrents, especialista en cinematografía dixital; Charly Schmukler, técnico de son; Oriol Tarragó, deseñador de son en producción cinematográfica; Jesús Ordovás, crítico e periodista musical.

A xornada rematará coa actuación de The Hendersons, que revivirán a actitude que levou a The Beatles a formar parte do olimpo da música ata os nosos días.

25 de marzo de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.