publicidade hoxe

Atopan ósos humanos no concello ourensá de Pereiro de Aguiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Pereiro de AguiarSucesos
A-
A+

Uns ósos humanos foron achados este domingo no lugar de Calvelle, no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar, segundo informaron fontes da investigación.

   Estes ósos poderían corresponder a Antonio Pumar Garrido, un home de 59 anos de idade, desparecido en abril de 2011 daResidencia Pereiro na Medorra, xa que no lugar atopouse unha peza de roupa con ese nome, apuntaron as mesmas fontes.

   En concreto, foi unha muller que paseaba pola zona na que apareceron quen avisou da súa presenza aos servizos de emerxencias sobre as 12,00 horas.

   Os ósos foron trasladados polas forzas de seguridade ao instituto forense para que este confirme a súa identidade identidade.

29 de marzo de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.