publicidade hoxe

Arranca na Guarda a Ruta do Pincho da Lamprea do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este sábado 28 de marzo comeza a Ruta do Pincho da Lamprea do Miño 2015 e será unha excelente oportunidade para degustar a lamprea como un aperitivo que acompañe ó viño e á boa compañía.

Durante nove días e coincidindo coa celebración da Semana Santa os veciños da Guarda e da comarca e, como non, os visitantes e turistas poderán degustar do pincho da Lamprea do Miño de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas. Nesta segunda edición participarán 18 restaurantes e bares da Guarda e como novidade tamén participa un do Rosal que ofrecerán o pincho da Lamprea do Miño a un prezo único de 2 €.

Este ano se organiza novamente o Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño entre os restaurantes e bares adheridos para premiar a creación dun pincho de calidade. Os responsables de escoller o establecemento co mellor pincho serán os participantes puntuando cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentarán e depositarán nas urnas dispoñibles en cada establecemento da ruta. Ademais de coñecer as valoracións dos restaurantes, as papeletas permitirán coñecer un número aproximado de pinchos servidos.

Para premiar a fidelidade dos participantes haberá un sorteo entre todas as papeletas depositadas nas urnas. O sorteo realizarase o mércores 8 de abril e o venres 11 os cinco premiados recollerán os agasallos: o 1º unha caixa de 6 botellas de viño Albariño e os demais unha caixa de 6 botellas de viño do Ribeiro cada un. Tamén o venres 11 o establecemento co mellor pincho recibirá o seu diploma como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada.

Participan 19 restaurantes e bares, dos cales 18 son da Guarda:

APARTHOTEL MAROUCO
BAHÍA
BITADORNA
BRETEMA
BRISAMAR
CASA AQUILINO
CASA DO OUTEIRO
GAVIOTA
LA PIZZICATA
MARBELLA
MARUSÍA
NOVO PORTIÑO
O CANGREXAL
O NOVO FUNIL
O PASEO
SAN ROQUE
XANTAR
XEITO
PARADELA (San Xoán de Tabagón, O Rosal)

Organiza: Viveiristas e pescadores do Miño da Guarda

Patrocina: Concello da Guarda

27 de marzo de 2015 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.