publicidade hoxe

Arch Enemy tocará en Santiago o 23 de maio dentro do ciclo Compostela Rock

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Arch Enemy. Foto: T. Tronckoe

Arch Enemy. Foto: T. Tronckoe

A banda sueca de death metal Arch Enemy, con Alissa White-Gluz nas voces, visitará Santiago de Compostela, antes da súa parada no Rock Fest, para tocar os seus éxitos e temas de seu último álbum, War eternal, editado en 2014. Neste concerto, unha das citas do ciclo Compostela Rock, estarán acompañados por Unearth e Drone. Fundada en 1996 polo guitarrista Michael Amott (Spiritual Beggars, Carcass e Carnage) e con case 20 anos de historia, Arch Enemy é unha das bandas máis importantes do metal actual. A banda publicou nove álbums de estudio, dous en directo, tres EP e dous DVD. Foi orixinalmente liderada por Johan Liiva, ata que Angela Gossow se uniu á banda como vocalista en 2001. En 2014, Gossow deixou a banda e foi substituída por Alissa White-Gluz, ex-vocalista de The Agonist.

A banda sueca chega Santiago de Compostela para presentar o seu novo disco, War eternal, gravado en Suecia en 2014 e que se colocou nos primeiros postos nas listas de media Europa batendo os seus récords: en Alemaña 9º, Finlandia 5º, Austria 13º e Suíza 16º.

23 de marzo de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.