publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Apertura dos primeiros 23 quilómetros da A-54 entre Nadela e Guntín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntínLocal PortadaLugoPortada esquerda
A-
A+
Feijóo presidiu a posta en servizo dos primeiros quilómetros. Foto: A. Varela

Feijóo presidiu a posta en servizo dos primeiros quilómetros. Foto: A. Varela

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe durante a posta en marcha dos tres primeiros treitos da A-54 que esta nova infraestrutura conectará Lugo co Eixo Atlántico e co centro de Galicia cara a consecución dun territorio unido e vertebrado.

Logo de incidir en que a estas necesidades responde a autovía que hoxe abre ao tráfico máis de 20 quilómetros entre Lugo e Guntín, aos que neste mesmo ano, se unirán os preto de 15 que prolongan esta vía ata Palas de Rei, Feijóo agradeceu o compromiso do Goberno central con esta vía que a finais de ano estará en execución na súa totalidade. “Estamos a falar dun investimento de 170 millóns de euros e do compromiso de que neste 2015 estará en execución na súa totalidade, polo que esta infraestrutura xa non ten volta atrás” abundou.

O responsable autonómico afirmou que avanzar nesta infraestrutura non é só proporcionar máis seguridade, máis permeabilidade e mellores condicións para a circulación. É tamén poñer en contacto directo Lugo co conxunto do Eixo Atlántico así como co resto de vilas e cidades cara ás que Compostela exerce de gran distribuidor de tráfico.

Así mesmo, e como proba do compromiso do Goberno galego coa provincia, Feijóo lembrou que, en 2015, Lugo é a provincia galega á que os orzamentos da Xunta destinan un maior investimento per cápita, co obxectivo de impulsar os grandes proxectos de mellora da mobilidade e dinamización da economía.

Ao fío disto, Feijóo avanzou tamén que este mesmo ano “esperamos culminar conexións como a Vía de alta capacidade entre Sarria e Monforte, que completa o eixe que xa presta servizo desde Lugo; ou a conexión entre Celeiro e San Cibrao, e neste 2015 abriremos tamén o novo acceso ao porto de Burela”.

O titular do Executivo galego referiuse tamén á apertura en 2014 do Porto Seco de Monforte, unha gran plataforma loxística que reforzará o seu atractivo para os investidores grazas a unha rebaixa do 50% no prezo do seu solo industrial.

30 de marzo de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.