publicidade hoxe

Actividades variadas conmemoran o Día da Muller en Caldas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+
Día da Muller en Radio Caldas

Día da Muller en Radio Caldas

Con motivo do Día Internacional da Muller a Concellaría de Igualdade do Concello de Caldas de Reis organizou unha batería de actividades en colaboración coa Concellaría de Cultura e diversas Asociacións do concello.

Sesións de contos os días 5 e 6 de marzo a cargo de Fátima Fernández para o alumnado de Primaria dos diferentes centros do Concello, C. San Clemente, C. San Fermín, CPI Alfonso VII e o C. La Encarnación. “Contos diferentes” este era o título da contada que fixo as delicias dos rapaces ao mesmo tempo que lles facía reflexionar sobre o tema da igualdade.

O domingo  8 de marzo tivo lugar unha excursión á cidade da Coruña. Un grupo de 42 mulleres saíron ás 8.30 e visitaron  pola mañá unha exposición de Picaso no Museo de Belas Artes acudindo logo ao Domus. Despois dunha agradable comida achegáronse ao Acuario e tras esta visita o grupo tivo tempo libre para pasear e disfrutar dun clima excepcional na cidade herculina chegando  a Caldas de Reis ás 21.30

Hoxe en Radio Caldas, no programa “El teléfono de Manuel García” tivo lugar un especial titulado “A voz das mulleres, a voz de todos” preparado pola Biblioteca Municipal. Diversos representantes de diferentes asociacións do concello prestaron a súa voz a textos que invitaban á reflexión sobre diferentes aspectos sobre o papel da muller nesta sociedade. Ángela Fernández Mosquera, avogada do CIM (Centro da Información á Muller) fixo unha lembranza da orixe deste día. Así mesmo participaron o Alcalde Juan Manuel Rey Rey e María López Buceta concelleira de Educación, Parques e Xardíns e Cultura.  

9 de marzo de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.